Esta axuda consiste en pagamentos mensuais de ata 800 euros
Esta axuda consiste en pagamentos mensuais de ata 800 euros
É un programa de intervención dirixido a mulleres vítimas de abuso e violencia sexual, centrado nas necesidades das pacientes.
É un servizo telefónico de atención e protección para vítimas de violencia de xénero a través dun dispositivo electrónico de teleasistencia que permite que as usuarias poidan entrar en contacto en calquera momento cun Centro atendido por persoal especificamente preparado para dar resposta adecuada á súa situación persoal.
É un servizo de atención psicolóxica especializada de emerxencia, a domicilio ou noutro lugar sinalado, para os casos máis graves ou con resultado de morte por violencia de xénero.
É un servizo de apoio psicolóxico que ofrece intervención profesional, tanto para as mulleres como para as persoas ao seu cargo, e outros membros da familia, que lles axudará a afrontar a situación que sufriron e a reforzar a súa autoestima, ademais de ser un apoio na recuperación ou adquisición de habilidades e capacidades que lles permitan lograr a autonomía e a integración na vida social e laboral.
É un servizo de asistencia xurídica inmediata, é dicir, no momento inmediatamente previo á interposición da denuncia, e con profesionais especialistas nesta materia, con independencia da existencia de recursos para litigar. Esténdese a todos os trámites, incidencias e recursos relacionados co procedemento para a que foi concedida, e comprende así mesmo a execución da sentenza xudicial durante un prazo de dous anos.
É un servizo de atención e asistencia ás vítimas dos delitos prestado por equipos multidisciplinares formados por dúas persoas profesionais da psicoloxía e o traballo social.
É unha iniciativa de ocio que integra actividades de educación non formal de carácter lúdico, cultural, deportivo, formativo, etc. para as/os mozas/os galegas/os que, á súa vez, supón un recurso de conciliación da vida familiar e laboral.
É un programa que oferta prazas e becas nas residencias xuvenís dependentes da Xunta de Galicia que busca favorecer o acceso ao ensino universitario, aos estudos superiores en ensinanzas artísticas, ensinanzas de réxime especial ou ciclos formativos de grao superior das persoas estudantes con escasos recursos e, ao mesmo tempo, dotar da súa colaboración no eido educativo e asistencial as residencias xuvenís.
É un programa de protección e asistencia integral específico para orfas/os de vítimas de violencia de xénero que ofrece asistencia xurídica, administrativa e social ás fillas e fillos de mulleres asasinadas en casos de violencia de xénero, tanto para menores de idade como para menores de 30 anos que requiran esta axuda.
É un recurso de atención, apoio, acollida e recuperación, destinado a facilitarlles ás mulleres que deciden abandonar a situación de explotación sexual e trata un espazo de reflexión previo á denuncia que resulte suficiente para que a vítima poida restablecerse e escapar á influencia dos traficantes e/ou poida decidir, con coñecemento de causa, a súa cooperación coas autoridades.
É un programa de atención psicolóxica especializada e de apoio, dirixido a homes que adoptan actitudes inadecuadas e violentas nas relacións coa súa parella, coa súa familia, co seu círculo social, e que desexan adquirir novos modos de comportamentos exentos de agresividade.