Atención psicolóxica de emerxencia

Que é?

É un servizo de atención psicolóxica especializada de emerxencia, a domicilio ou noutro lugar sinalado, para os casos máis graves ou con resultado de morte por violencia de xénero.

 

A quen vai dirixido?

A mulleres vítimas de violencia de xénero.

Menores, fillas e fillos de mulleres vítimas de violencia de xénero.

Outras persoas, do núcleo familiar directo, de mulleres vítimas de violencia de xénero.

 

Quen pode solicitalo?

As forzas e corpos de seguridade e os recursos de Emerxencias.

Cando se solicita?

Nos momentos inmediatamente posteriores a un incidente violento e/ou agresivo. 

Como se solicita?

De forma telefónica.

Onde se solicita?

No teléfono de emerxencias 112.