Acompañamento a orfas/os por crimes de violencia de xénero

Que é?

É un programa de protección e asistencia integral específico para orfas/os de vítimas de violencia de xénero que ofrece asistencia xurídica, administrativa e social ás fillas e fillos de mulleres asasinadas en casos de violencia de xénero, tanto para menores de idade como para menores de 30 anos que requiran esta axuda.

 

A quen vai dirixido?

Ás fillas e fillos orfos menores de 30 anos das vítimas mortais da violencia de xénero en Galicia.

Ás persoas que asuman a patria potestade, garda, custodia ou acollemento permanente no caso de menores de 18 anos.

 

Quen pode solicitalo?

As forzas e corpos de seguridade e os recursos de atención dende o primeiro momento de constatación dos feitos.

Cando se solicita?

No momento en que se produce o crime ou, posteriormente, cando se detecte a necesidade.

Como se solicita?

Por teléfono.

Onde se solicita?

No teléfono 112 Emerxencias de Galicia no momento en que se produce o crime.

Nos teléfonos 981 545 361 e 981 957 268.