Guías e protocolos

Amosando 1 - 10 de 18

Esta guía contén información sinxela e directa dos recursos existentes en Galicia no eido da violencia de xénero a disposición de calquera persoa ou entidade interesada. O seu obxectio é facilitar e axilizar o traballo das e dos profesionais que na nosa comunidade acompañan a apoian ás mulleres que sofren violencia de xénero, concentrando nunha única ferramenta a descrición dos servizos e programas e os contactos das entidades que na comunidade autónoma integran a rede de apoio a vítimas.

Guías e protocolos

Esta guía elaborouse co obxectivo de ter unha ferramenta que axude ao funcionariado no traballo diario, tanto nas comunicacións interpersoais no eido laboral como na redacción de comunicados e documentos oficiais.

Guías e protocolos

Este protocolo establece accións de prevención, detección e actuación ante situacións de violencia sexual e LGBTIfóbica que se poidan producir nos espectáculos musicais e actividades recreativas e que supoñen unha ameaza para as mulleres e persoas cunha identidade de xénero e/ou sexualidade distinta da normativa (lesbianas, gais, trans, bisexuais, intersexuais e queer).

Guías e protocolos

As Mesas locais de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero son instrumentos operativos nos que están representados todos os ámbitos municipais implicados, directa ou indirectamente, na loita contra a violencia de xénero co obxecto de procurar unha maior eficiencia da resposta ante agrave vulneración dos dereitos que supón a violencia de xénero.

Guías e protocolos