Oficinas de asistencia á vítima

Que é?

É un servizo de atención e asistencia ás vítimas dos delitos prestado por un equipo multidisciplinar, en materia psicolóxica e social.

Teñen como obxectivo xeral prestar unha asistencia integral, coordinada e especializada ás vítimas e dar resposta ás necesidades específicas no ámbito xurídico, psicolóxico e social.

Configúranse como un servizo público e gratuíto para protexer adecuadamente a intimidade e dignidade da vítima e evitar o risco da súa revitimización ou vitimización secundaria.

 

A quen vai dirixido?

  • Ás mulleres vítimas de violencia de xénero e os fillos e fillas menores, así como quen estea suxeito/a a tutela, garda ou custodia das mulleres vítima de violencia de xénero.
  • Ás persoas menores de idade vítimas do delito, especialmente se este é de abuso, explotación ou pornografía infantil.
  • Ás vítimas de agresións sexuais.
  • Ás vítimas de trata de seres humanos.
  • Calquera outra vítima na que concorran factores de especial vulnerabilidade, xa sexa pola súa situación persoal, xa sexa pola violencia ou gravidade do delito: entre outros, menores vítimas de abuso ou maltrato e persoas con discapacidade intelectual ou enfermidade mental.
  • Ás demais vítimas, nos termos contidos no artigo 2 do Estatuto da vítima do delito.

 

Quen pode solicitalo?

A solicitude do servizo poderá ser realizada polas seguintes entidades:

  • A propia vítima
  • Forzas e Corpos de Seguridade do Estado radicados en Galicia
  • Policía Autonómica e Policía Local de Galicia
  • Xulgados radicados en Galicia
  • Fiscalía
  • Centros de Información á Muller
  • Centros de crise 24 horas
  • Servizos sociais comunitarios e servizos sociais especializados de Galicia
  • Centros adscritos ao Servizo Galego de Saúde (hospitais, centros de saúde, etc.)
  • Centros educativos

Cando se solicita?

Cando o precise a vítima.

Cando a vítima compareza ante unha oficina xudicial ou fiscal.

Cando a autoridade xudicial ou fiscal considere necesario un informe psicolóxico ou social para a adopción ou proposta de medidas de protección.

Como se solicita?

O proceso de atención e asistencia iníciase coa comparecencia da vítima ante o persoal da oficina.

Por teléfono e por correo electrónico.

Onde se solicita?

Nas Oficinas de Asistencia á Vítima creadas nas principais cidades de Galicia:

  • A CORUÑA

    • Dirección: Rúa Monforte, 1. Edificio Novos Xulgados - 15007 A Coruña
    • Teléfonos: 881 88 17 78 (Psicólogo/a)
                        881 88 17 49 (Traballador/a social)
    • Correo electrónico: atencion.vitimas.coruna [at] xustiza.gal (atencion[dot]vitimas[dot]coruna[at]xustiza[dot]gal)

     

  • SANTIAGO DE COMPOSTELA

    • Dirección: Rúa Viena, S/N. Edificio Xulgados - 15707 Santiago de Compostela
    • Teléfonos: 881 99 71 46 (Psicólogo/a)
                        981 54 04 83 (Traballador/a social)
    • Correo electrónico: atencion.vitimas.santiago [at] xustiza.gal (atencion[dot]vitimas[dot]santiago[at]xustiza[dot]gal)

     

  • FERROL

    • Dirección: Rúa da Coruña, 55 – 15401 Ferrol
    • Teléfono:  981 337 520 (Psicólogo/a e traballador/a social)
    • Correo electrónico: atencion.vitimas.ferrol [at] xustiza.gal (atencion[dot]vitimas[dot]ferrol[at]xustiza[dot]gal)

     

  • LUGO

    • Dirección: Rúa Armando Durán, S/N 27002 Lugo
    • Teléfonos: 982 88 95 30 (Psicólogo/a)
                        982 88 95 36 (Traballador/a social)
    • Correo electrónico: atencion.vitimas.lugo [at] xustiza.gal (atencion[dot]vitimas[dot]lugo[at]xustiza[dot]gal)

     

  • OURENSE

    • Dirección: Rúa Velázquez, s/n - 32002 Ourense
    • Teléfonos: 988 68 76 64 (Psicólogo/a)
                        988 68 76 74 (Traballador/a social)
    • Correo electrónico: atencion.vitimas.ourense [at] xustiza.gal (atencion[dot]vitimas[dot]ourense[at]xustiza[dot]gal)

     

  • PONTEVEDRA

    • Dirección: Rúa Francisco Tomás y Valiente, s/n 36004 Pontevedra
    • Teléfonos: 986 80 57 90 (Psicólogo/a)
                        986 80 59 82 (Traballador/a social)
    • Correo electrónico: atencion.vitimas.pontevedra [at] xustiza.gal (atencion[dot]vitimas[dot]pontevedra[at]xustiza[dot]gal)

     

  • VIGO
    • Dirección: Rúa Pizarro, s/n – 36204 Vigo
    • Teléfonos: 886 21 84 38 (Psicólogo/a)
                        886 21 84 34 (Traballador/a social)
    • Correo electrónico: atencion.vitimas.vigo [at] xustiza.gal (atencion[dot]vitimas[dot]vigo[at]xustiza[dot]gal)