Que é?
É un programa de atención psicolóxica especializada e de apoio, dirixido a homes que adoptan actitudes inadecuadas e violentas nas relacións coa súa parella , coa súa familia, e desexan adquirir novos modos de comportamentos exentos de agresividade.
O programa ofrece dúas áreas de atención:
- Información
- Atención/intervención psicolóxica personalizada
O acceso é gratuíto e anónimo.
A quen vai dirixido?
A homes con problemas de control da violencia que desexen:
- Aprender a resolver conflitos sen violencia e a comprender a natureza da violencia
- Aprender a comunicarse mellor
- Relacionarse coas mulleres con respecto e igualdade
- Educar os seus fillos e fillas en igualdade
- Asumir hábitos positivos de relación e convivencia
Quen pode solicitalo?
Homes que queiran aprender a resolver conflitos sen violencia e a comunicarse mellor coa súa familia e coa súa parella.
A demanda de atención debe ser explicitada polo propio usuario para garantir un mínimo de colaboración no tratamento.
Cando se solicita?
En calquera momento.
Como se solicita?
De forma presencial, telefónica ou telemática.
Onde se solicita?
De forma presencial no Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (Rúa da Espiñeira 10, baixo; 15706 Santiago de Compostela)
No teléfono: 630 170 140
No enderezo electrónico: copgalicia [at] correo.cop.es (copgalicia[at]correo[dot]cop[dot]es)