Que é?
É un servizo telefónico de atención e protección para vítimas de violencia de xénero a través dun dispositivo electrónico de teleasistencia que permite que as usuarias poidan entrar en contacto en calquera momento cun Centro atendido por persoal especificamente preparado para dar resposta adecuada á súa situación persoal.
Depende do Goberno de España e tramítase a través dos servizos sociais municipais segundo o domicilio da usuaria.
Ofrece seguridade e protección as 24 horas e os 365 días do ano a través de medios telemáticos.
A quen vai dirixido?
A mulleres vítimas de violencia de xénero.
Quen pode solicitalo?
A solicitude do servizo poderá ser realizada polos servizos sociais comunitarios e servizos sociais especializados de Galicia de cada concello.
Cando se solicita?
Cando se precise e se conte cunha acreditación da situación da violencia de xénero.
Como se solicita?
Solicitando a incorporación ao servizo telefónico ATENPRO nos centros de Servizos Sociais das Entidades Locais que lles correspondan polo seu lugar de residencia.
Onde se solicita?
Nos centros de Servizos Sociais de cada concello.
No teléfono 900 222 292.