Atención psicolóxica a mulleres que sofren violencia de xénero, ás súas fillas e fillos e a outras persoas da contorna familiar

Que é?

É un servizo de apoio psicolóxico que ofrece intervención profesional, tanto para as mulleres como para as persoas ao seu cargo, e outros membros da familia, que lles axudará a afrontar a situación que sufriron e a reforzar a súa autoestima, ademais de ser un apoio na recuperación ou adquisición de habilidades e capacidades que lles permitan lograr a autonomía e a integración na vida social e laboral. 

Ten como obxectivo axudar a minimizar o dano que ocasionou a violencia sufrida, afrontar o procedemento e acompañar a vítima durante todo o proceso xudicial. 

O Programa artéllase a través dunha rede de profesionais repartidos/as por todo o territorio galego e apoiada nun convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

 

A quen vai dirixido?

A mulleres que estean a sufrir ou teñan sufrido violencia de xénero.

Menores, fillas e fillos de mulleres que estean a sufrir ou teñan sufrido violencia de xénero.

Outras persoas, do núcleo familiar directo, que vivan ou viviran a situación de violencia.

 

Quen pode solicitalo?

As mulleres vítimas de violencia de xénero.

Poden facer tamén a solicitude a través dos profesionais de atención:

  • Centros de Información á Muller
  • Centros de crise 24 horas
  • Servizos sociais comunitarios e servizos sociais especializados de Galicia
  • Centros adscritos ao Servizo Galego de Saúde (hospitais, centros de saúde, etc.)
  • Xulgados radicados en Galicia
  • Oficinas de Asistencia ás Vítimas do Delito (OAVD)
  • Forzas e Corpos de Seguridade do Estado radicados en Galicia
  • Policía Autonómica e Policía Local de Galicia

Cando se solicita?

En calquera momento.

O acceso é gratuito e anónimo as 24 horas.

Como se solicita?

De forma presencial, telefónica ou telemática.

Onde se solicita?

Directamente a través dos CIM, servizos socias, servizos sanitarios etc., e no teléfono 881 995 286