A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participou na presentación do libro dos Bolechas ‘A profesora Celia ten esclerose m
O Diario Oficial de Galicia do pasado martes e o do pasado xoves recollen a revisión económica á alza destes acordos co tecido asociativo
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, e o director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, visitaron esta mañá as
O Goberno galego continúa coas accións de sensibilización e concienciación nunhas datas nas que, de forma sistemática, se reproducen desigualdades
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica explicou que o Goberno galego impulsou diferentes medidas para facilitar o seu acc
Este servizo ten por finalidade principal desenvolver un modelo de atención integral para as mulleres vítimas de violencia de xénero (e as súas fillas e fillos menores e para as/os menores que se atopen baixo a súa tutela ou garda e custodia, vítimas tamén desta violencia), baseado nun sistema coordinado de servizos, recursos e medidas de carácter social, laboral e económico, que permita evitar duplicidades e racionalizar a xestión.
É unha rede de recursos especializados residenciais e temporais, configurada por diferentes centros de acollida que ofrecen acollemento, atención e recuperación ás mulleres que sofren violencia de xénero e ás e aos menores ao seu cargo que requiren un espazo de protección debido á situación de indefensión ou risco causada pola violencia de xénero.
Os Centros de Información á Muller (CIM) son o recurso de referencia nos concellos galegos para a promoción da igualdade, a prevención e a atención ás vítimas de violencia de xénero e para o asesoramento ás persoas LGBTI. A súa titularidade é municipal e a Xunta de Galicia colabora coas entidades locais no seu funcionamento a través de diferentes liñas de axudas, tarefas de coordinación ou programas formativos, sendo un claro exemplo da coordinación entre administracións na defensa dos dereitos das mulleres e na promoción da igualdade de xénero.