Que é?
É un programa de intervención dirixido a mulleres vítimas de abuso e violencia sexual, centrado nas necesidades das pacientes e cos seguintes obxectivos:
- Desenvolver un contexto de seguridade e prevención de novas situacións de traumatización.
- Acompañar as mulleres na adquisición de información e habilidades para afrontar as consecuencias da violencia.
- Elaborar unha narrativa adecuada do trauma.
- Promover a integridade da identidade e benestar bio-psico-social.
A quen vai dirixido?
- Mulleres vítimas de abuso e violencia sexual, que mostran desaxustes físicos, emocionais, condutuais e relacionais como consecuencia do abuso.
- Familiares ou persoas, baixo o consentimento da vítima, que cumpran un papel imprescindible na recuperación.
- Equipos profesionais da rede que traballan coa vítima (profesionais de centros de acollida cando houbo unha medida de protección, profesionais sanitarios, etc...).
Quen pode solicitalo?
As mulleres vítimas de abuso e violencia sexual, os seus familiares e equipos profesionais da rede que traballan coas vítimas.
Cando se solicita?
En calquera momento.
Como se solicita?
Por teléfono ou por correo electrónico.
Onde se solicita?
No teléfono: 607 116 642
No enderezo electrónico: coordinacion.asm [at] meninos.org (coordinacion[dot]asm[at]meninos[dot]org)