O deseño e posta en marcha de políticas públicas que melloren as condicións de vida da poboación vese favorecido por unha estreita colaboración entre as institucións e os distintos axentes que conforman a sociedade civil. Os órganos consultivos e de participación son espazos de diálogo, consulta e asesoramento que buscan facilitar a participación da cidadanía na toma de decisións na xestión pública, co fin esencial de servir de canle de comunicación e interlocución entre a sociedade e a Administración autonómica.
Consello Galego das Mulleres
É o órgano colexiado de participación e de asesoramento en materia de políticas de igualdade entre mulleres e homes e de loita contra a violencia de xénero en Galicia. Ten por fin esencial servir de canle para a participación das mulleres e de comunicación coa Administración autonómica.
Ler máis |
Observatorio Galego da Violencia de Xénero
É o órgano colexiado de Galicia encargado do estudo, da avaliación e do seguimento das políticas contra a violencia de xénero que se desenvolvan na comunidade autónoma.
Ler máis |
Observatorio galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero
É o órgano colexiado de participación e de asesoramento en materia de diversidade de orientación sexual e de xénero. Ten por fin esencial servir de canle para a participación do tecido asociativo en defensa dos dereitos das persoas LGBTI e de comunicación coa Administración autonómica.
Ler máis |
Unidade Muller e Ciencia
É o órgano colexiado constituído coa finalidade de dinamizar e transformar a ciencia e a tecnoloxía galegas desde unha perspectiva de xénero. Ten como obxectivo promover a igualdade entre mulleres e homes neste ámbito rachando cos estereotipos de xénero.
Ler máis |