Vivendas de seguridade para vítimas de explotación sexual e trata

Que é?

É un recurso de atención, apoio, acollida e recuperación, destinado a facilitarlles ás mulleres que deciden abandonar a situación de explotación sexual e trata un espazo de reflexión previo á denuncia que resulte suficiente para que a vítima poida restablecerse e escapar á influencia dos traficantes e/ou poida decidir, con coñecemento de causa, a súa cooperación coas autoridades.

Este recurso é prestado en colaboración coas entidades de iniciativa social que xa contan con dispositivos destinados á atención integral a mulleres vítimas de explotación sexual e trata no que se lles presta acollida, axuda e asistencia directa e integran, nos seus dispositivos, unha vivenda de seguridade.

 

A quen vai dirixido?

A mulleres vítimas de explotación sexual e trata que deciden abandonar a situación de explotación e precisan dun espazo de reflexión previo á denuncia que resulte suficiente poder restablecerse e escapar á influencia dos traficantes e/ou poida decidir, con coñecemento de causa, a súa cooperación coas autoridades competentes.

 

Quen pode solicitalo?

As entidades de iniciativa social dedicadas á atención integral a mulleres vítimas de explotación sexual e trata.

Cando se solicita?

No momento en que se detecte unha vítima de explotación sexual e trata que decida abandonar a situación de explotación e precise dun espazo de reflexión previo á denuncia que resulte suficiente para que a vítima poida restablecerse e escapar á influencia dos traficantes e/ou poida decidir, con coñecemento de causa, a súa cooperación coas autoridades.

Como se solicita?

A través das entidades de iniciativa social dedicadas á atención integral a mulleres vítimas de explotación sexual e trata.

Onde se solicita?

Nos teléfonos 881 995 285 e 981 957 784.