Os Centros de Información á Muller (CIM) son o recurso de referencia nos concellos galegos para a promoción da igualdade, a prevención e a atención ás vítimas de violencia de xénero e para o asesoramento ás persoas LGBTI. A súa titularidade é municipal e a Xunta de Galicia colabora coas entidades locais no seu funcionamento a través de diferentes liñas de axudas, tarefas de coordinación ou programas formativos, sendo un claro exemplo da coordinación entre administracións na defensa dos dereitos das mulleres e na promoción da igualdade de xénero.