Teléfono da muller

Que é?

É un servizo de atención telefónica, gratuíto e anónimo, que funciona as 24 horas do día, desde calquera teléfono fixo ou móbil, e que ten cobertura para toda a Comunidade Autónoma.

 

A quen vai dirixido?

Ás mulleres, especialmente ás vítimas de violencia de xénero.

 

Quen pode solicitalo?

As mulleres que precisen información sobre cuestións relacionadas coas seguintes materias:

  • Separacións, divorcios, abandonos do fogar, sentenzas incumpridas...
  • Malos tratos, vexacións, ameazas, agresións sexuais, acoso sexual...
  • Cursos ocupacionais, oposicións, bolsas de emprego, creación de empresas...
  • Discriminación laboral, permisos de maternidade e paternidade, apoio á contratación...
  • Servizos sociais, casas de acollida, centros de información á muller, programas para mulleres desfavorecidas,  gabinetes de orientación familiar..
  • Educación para a igualdade, materiais didácticos non sexistas, publicidade discriminatoria para coas mulleres...
  • Apoio ao asociacionismo, xornadas, seminarios, subvencións a asociacións, publicacións...
  • Políticas de igualdade, proxectos europeos, actuacións de medidas doutros organismos de igualdade...

Cando se solicita?

Cando se detecte a necesidade, as 24 horas do día e os 365 días do ano.

Como se solicita?

Por teléfono.

Onde se solicita?

No 900 400 273.