Punto de Coordinación das Ordes de Protección (PCOP)

Que é?

É un servizo que leva a cabo o seguimento das ordes de protección das mulleres vítimas de violencia, realizando as xestións oportunas ante as diferentes administracións para facilitarlle o acceso aos recursos existentes e ofrecerlles un marco integral de protección.

 

A quen vai dirixido?

A mulleres vítimas de violencia de xénero con ordes de protección ou calquera outra medida xudicial de carácter cautelar.

Como se solicita?

Non é preciso solicitalo, é o PCOP quen inicia o contacto coa vítima no momento en que recibe a orde de protección, orde de afastamento ou outra medida.

Desde o momento en que o PCOP recibe as ordes de protección, ou calquera outra medida xudicial de carácter cautelar, inicia un contacto coa beneficiaria a fin de informala do procedemento que se vai seguir, os recursos de que dispón e a comprobación de que as ditas ordes ou medidas se cumpran correctamente.

Onde se solicita?

Pódese obter información e acceso nos teléfonos 981 957 482 e 981 545 367.