Recursos

Amosando 21 - 30 de 50

Este protocolo ten por obxecto establecer o procedemento de acceso á Rede galega de acollemento das mulleres vítimas de violencia de xénero a través das entidades derivantes previstas no protocolo.

Violencia de xénero

Esta guía xorde coa motivación de dar visibilidade a un tema tan oculto como é a trata e achegar á cidadanía galega a vulneración dos dereitos humanos que supón a trata e que, en concreto, no caso da trata con fins de explotación sexual, está recoñecida na nosa comunidade como un tipo de violencia de xénero dentro da Lei galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

Violencia de xénero

Esta guía ofrece información para concienciar e apoiar o persoal das empresas na identificación das vítimas de violencia de xénero que, malia non estaren a ser obxecto dos supostos regulados pola lexislación laboral pertinente, si son importantes para a loita global contra a violencia de xénero.

Violencia de xénero

Este caderno, que foi editado pola Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR) e financiado pola Xunta de Galicia, xorde para dar resposta á necesidade de dispor de material que permita coñecer, detectar, e abordar a vulnerabilidade que enfrontan as mulleres con discapacidade.

Violencia de xénero

É un programa de estadías dunha semana (seis noites), en réxime de pensión completa, que busca posibilitar o acceso de familias a un período vacacional nas residencias de tempo libre de Panxón e do Carballiño, dous centros adscritos á Xunta de Galicia e destinados ao desfrute do lecer das familias.

Recursos e servizos

É un programa de atención psicolóxica especializada e de apoio, dirixido a homes que adoptan actitudes inadecuadas e violentas nas relacións coa súa parella, coa súa familia, co seu círculo social, e que desexan adquirir novos modos de comportamentos exentos de agresividade.

Recursos e servizos

É un recurso de atención, apoio, acollida e recuperación, destinado a facilitarlles ás mulleres que deciden abandonar a situación de explotación sexual e trata un espazo de reflexión previo á denuncia que resulte suficiente para que a vítima poida restablecerse e escapar á influencia dos traficantes e/ou poida decidir, con coñecemento de causa, a súa cooperación coas autoridades.

Recursos e servizos