Centros de crise 24 horas

Que son?

Son recursos especializados para a atención de mulleres vítimas de violencia sexual da comunidade autónoma de Galicia , abertos as 24 horas os 365 días do ano.

A quen vai dirixido?

Mulleres maiores de 15 anos, independentemente de cal sexa a súa situación administrativa, que vivisen un intento ou unha situación de violencia sexual, recentemente ou no pasado, os seus familiares e persoas da súa contorna íntimasen necesidade de presentar denuncia nin estar en disposición de facelo.

Poboación xeral ou aqueles dispositivos, recursos e sistemas da comunidade que requiran dun asesoramento especializado, información e formación en materia de violencia sexual.

Que servizos prestan?

  • Asistencia xurídica: información, orientación e asesoramento xurídico específico, en función da demanda e necesidades das mulleres vítimas de violencia sexual.
  • Intervención psicolóxica, orientada á crise e á redución/reparación das secuelas da violencia vivida, en función da demanda e necesidades das mulleres vítimas de violencia sexual.
  • Intervención social, orientada ao asesoramento e á activación de recursos e redes de apoio social, trámites e asesoramento, incluída a orientación sociolaboral, en función da demanda e necesidades das mulleres vítimas de violencia sexual.
  • Realización de accións de sensibilización, divulgación, prevención e formación para a sociedade en xeral e aos sistemas clave na loita contra a violencia sexual (sistema educativo, xudicial, policial, social, etc.).

Cal é o horario de atención?

A atención de emerxencia está dispoñible, de forma presencial, as 24 horas do día, durante os 365 días do ano.

Atención telefónica ou por videochamada 

Teléfono 24 horas: 900 400 273

Localización e contacto

FERROL
Hospital Novoa Santos
Estrada de Catabois 730,
15405, Ferrol (A Coruña)
981 336 791
centrodecrise.ferrol [at] xunta.gal (centrodecrise[dot]ferrol[at]xunta[dot]gal)                                    

LUGO
Hospital Lucus Augusti
Rúa Dr. Ulises Romero 1,
27003, Lugo
982 296 761
centrodecrise.lugo [at] xunta.gal (centrodecrise[dot]lugo[at]xunta[dot]gal)

OURENSE
PAC, Centro de Especialidades
Planta 0 desde o acceso principal pola Rúa Alameda do Cruceiro. 
Planta -1 se se accede polo PAC (Rúa Concello 13).
988 388 561
centrodecrise.ourense [at] xunta.gal (centrodecrise[dot]ourense[at]xunta[dot]gal)

SANTIAGO DE COMPOSTELA
Complexo Hospitalario Universitario de Santiago – CHUS
Rúa da Choupana s/n, 15706,
Santiago de Compostela (A Coruña)
Edificio anexo á unidade de cribado de cancro de mama, ao lado do Hospital Gil Casares.
981 955 976
centrodecrise.santiago [at] xunta.gal (centrodecrise[dot]santiago[at]xunta[dot]gal)

VIGO
Hospital Álvaro Cunqueiro  
Bloque técnico, planta 3ª (entre o Servizo de Urxencias e Radioloxía).
Rúa Clara Campoamor 341,
36312, Vigo (Pontevedra)
986 217 931
centrodecrise.vigo [at] xunta.gal (centrodecrise[dot]vigo[at]xunta[dot]gal)