Que é?
Unidade adscrita ao órgano superior da Xunta de Galicia con competencias en materia de prevención e loita contra a violencia de xénero, para prestarlle atención integral ás vítimas de violencia de xénero e ás persoas delas dependentes, especialmente aos seus fillos e fillas.
A quen vai dirixido?
Mulleres que teñan acreditada a situación de violencia de xénero nos termos establecidos no artigo 5 da Lei galega 11/2007, do 27 de xullo, para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
Persoas dependentes ou ao cargo destas mulleres, facendo unha especial mención ás súas fillas e fillos menores de idade e as/os menores que se atopen baixo a súa tutela ou garda e custodia.
Que servizos se prestan?
- Asesoramento xurídico: información, orientación e asesoramento xurídico específico, en función da demanda e necesidades das mulleres vítimas de violencia de xénero.
- Atención psicolóxica: atención específica ás mulleres vítimas de violencia de xénero e, de ser o caso, ás fillas, fillos e persoas menores ao cargo da muller vítima, ou maiores dependentes.
- Intervención social: orientada ao asesoramento e á activación de recursos e redes de apoio social, trámites e asesoramento, incluída a orientación sociolaboral, en función da demanda e necesidades das mulleres vítimas de violencia de xénero.
- Outras funcións:
- Coordinación: o CRI actúa como centro de referencia e coordinador da Rede galega de acollemento e centro colaborador nas derivacións de vítimas de violencia de xénero fóra de Galicia e na recepción das que cheguen a Galicia derivadas desde outras partes do Estado.
- Formación: o CRI actúa como centro de formación na loita contra a violencia de xénero, tanto para profesionais, fundamentalmente dos centros de información á muller e dos servizos sociais, como para o voluntariado e a cidadanía en xeral.
Cal é o horario de atención?
De luns a xoves, de 9.00 horas a 19.00 horas, e venres de 9.00 a 15.00 horas, adecuándose á situación e necesidades das persoas usuarias.
Localización e contacto
Carballeira de San Lourenzo s/n
Santiago de Compostela
Tel. 881 995 285
Fax 881 995 290
cri.igualdade [at] xunta.gal (cri[dot]igualdade[at]xunta[dot]gal)
Documentación
Modificacións
Artigo 2 nova redacción por disposición derradeira primeira.
Artigo 8 nova redacción por disposición derradeira primeira.
Artigo 3 nova redacción por artigo único apartado.
Disposición adicional primeira engadida por artigo único apartado.
Disposición transitoria engadida por artigo único apartado .