Puntos de Encontro Familiar

Que é?

Os PEF son instalacións, dotadas cun equipamento social, de carácter neutral e especializado para o cumprimento do réxime de visitas establecido pola autoridade competente.

É un servizo que facilita e preserva a relación entre as e os menores e as persoas das súas familias en situacións de crise, e que permite e garante a seguridade e o benestar das e dos menores e facilita o cumprimento do réxime de visitas. 

 

A quen vai dirixido?

Aos membros das familias nas que exista algún tipo de problema relacionado co cumprimento do réxime de visitas, así como aos integrantes de familias nas que existan situacións de violencia que supoñan un risco para calquera das/os súas/seus membros durante o cumprimento do réxime de visitas.

 

Quen pode solicitalo?

As persoas que teñan un dereito de visita dunha ou dun menor con domicilio en Galicia, ou ben un dereito de visita que se deba desenvolver en Galicia.

Cando se solicita?

Nas situacións de separación, divorcio, nulidade, tutela ou calquera outro suposto de interrupción da convivencia familiar, cando o exercicio do dereito de visitas se vexa interrompido ou o seu cumprimento resulte difícil ou conflitivo.

Como se solicita?

A través da xefatura territorial da consellería con competencia en materia de familia e menores en relación ás e aos menores sobre os cales a Xunta de Galicia teña asumida a tutela ou a garda. 

A través dos órganos xudiciais competentes nos casos de violencia de xénero.

Onde se solicita?

Pódese obter información e acceso nos teléfonos 981 995 437 e 981 544 655.