Centros de Información á Muller (CIM)

Que son?

Os Centros de Información á Muller (CIM) son o recurso de referencia nos concellos galegos para a promoción da igualdade, a prevención e a atención ás vítimas de violencia de xénero e para o asesoramento ás persoas LGBTI. A súa titularidade é municipal e a Xunta de Galicia colabora coas entidades locais no seu funcionamento a través de diferentes liñas de axudas, tarefas de coordinación ou programas formativos, sendo un claro exemplo da coordinación entre administracións na defensa dos dereitos das mulleres e na promoción da igualdade de xénero.

Contan cun equipo multidisciplinar que proporciona unha intervención global: asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional e sociolaboral, así como calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade efectiva entre mulleres e homes.

Na actualidade hai unha rede de 84 centros recoñecidos e acreditados pola Xunta de Galicia e distribuídos por toda a comunidade autónoma, que dá cobertura a 193 concellos. A través destes centros proporciónase unha atención integral e de proximidade a máis de 17.000 persoas cada ano.

 

A quen van dirixidos?

  • Mulleres que o demanden, de forma individual ou colectiva formando parte dun grupo ou asociación de mulleres.
  • Persoas LGBTI, tanto individualmente como as asociacións e federacións que o demanden.
  • Calquera persoa, en asuntos relacionados coa promoción social da igualdade de xénero.

Entre este público potencial do servizo establécense dous grupos prioritarios:

  • Mulleres vítimas de violencia de xénero, así como as fillas e fillos e as persoas menores ou maiores dependentes delas, coa intención de reducir o impacto negativo que a situación de violencia produce nestas persoas.
  • Mulleres pertencentes a colectivos en situación de vulnerabilidade e/ou risco de exclusión social.

 

Que servizos prestan?

  • Atención psicolóxica: Destinada principalmente a valoracións e orientacións psicolóxicas, emisión de informes, intervención individual, realización de obradoiros de autoestima e demais funcións relacionadas coa atención psicolóxica.
  • Asesoramento xurídico: Funcións de información e asesoramento xurídico en materia penal, laboral, civil, etc. Colaboración na elaboración de memorias e documentos.
  • Intervención social: Orientada ao asesoramento e á activación de recursos e redes de apoio social, trámites e asesoramento, incluída a orientación sociolaboral, en función da demanda e necesidades das persoas usuarias. Atención específica a mulleres en situación de especial vulnerabilidade co obxectivo de mellorar a súa situación persoal, social ou laboral.
  • Accións de sensibilización: Promover accións de sensibilización, divulgación, prevención e formación para a sociedade en xeral organizando e impartindo conferencias e actividades formativas, participando nos medios de comunicación e outras formas de divulgación. Apoio e asesoramento aos sistemas clave na promoción da igualdade de xénero, nos dereitos LGBTI e na loita contra a violencia xénero (sistema educativo, xudicial, policial, social, etc.).

Outras funcións: 

  • Acreditación administrativa da condición de vítima de trata con fins de explotación sexual e/ou explotación sexual no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Información e asesoramento sobre convocatorias de axudas, recursos dispoñibles no seu ámbito territorial, cursos, estudos e xornadas que se programen, así como sobre as actividades e servizos desenvolvidos polo órgano competente en materia de igualdade da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Información e asesoramento ao colectivo LGBTI encamiñada á integración e á igualdade de oportunidades das persoas que o integran en todos os ámbitos, con atención específica ás vítimas de violencia LGBTIfóbica, violencia intraxénero e persoas en risco de exclusión social/especial vulnerabilidade.
  • Recepción, canalización e tramitación de denuncias en materia de discriminación por razón de xénero ou por razón de identidade ou orientación sexual no ámbito da publicidade e os medios de comunicación.
  • Participación e desenvolvemento de campañas e conmemoracións en materia de igualdade: Celebración do día 8M para contribuír a unha crecente e efectiva igualdade entre mulleres e homes; Campaña do 18 de outubro. Día Europeo contra a Trata de Seres Humanos; Campaña do 25 de novembro. Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller; Campaña Agresión Off: Campaña específica para a sensibilización contra as violencias sexuais.
  • Servizo de teletradución: As novas características poboacionais derivadas da inmigración motivaron á Administración autonómica a mellorar as técnicas para unha eficaz atención ás usuarias, con independencia da súa lingua. A través da plataforma de teletradución, as mulleres teñen a seguridade dun acceso axeitado á información e aos recursos dispoñibles, sobre atención psicolóxica, prestacións económicas, centros de acollida ou asesoramento xurídico.

 

Cal é o horario de atención?

Os horarios varían en función do CIM, pero o habitual é que estean abertos de luns a venres, en horario de 9h a 13:30h.

Localización

A Coruña

CIM de Ames
Rúa de Abaixo nº 10
Milladoiro
15890 Ames
Teléfono: 981 535 941
Fax: 981525348
Enderezo electrónico: cim [at] concellodeames.gal (cim[at]concellodeames[dot]gal)

CIM de Ares
Praza da Constitución, s/n
15624 Ares
Teléfono: 981 468 102
Enderezo electrónico: cim [at] concellodeares.com (cim[at]concellodeares[dot]com)

CIM de Arteixo
Avenida do Balneario, 10 - baixo
15142 Arteixo
Teléfono: 981 601 415
Enderezo electrónico: muller [at] arteixo.org (muller[at]arteixo[dot]org)

CIM de Arzúa
Rúa San Vicente, s/n
15810 Arzúa
Teléfono: 981 501 101
Enderezo electrónico: cim [at] concellodearzua.com (cim[at]concellodearzua[dot]com)

CIM de As Pontes
Rúa Rosalía de Castro, 28 – 2º - Edificio Casa Dopeso
15320 Pontes de García Rodríguez, As
Teléfono: 981 441 008
Enderezo electrónico: cim [at] aspontes.org (cim[at]aspontes[dot]org)

CIM de Boiro
Casa do Concello - 2º andar, Praza de Galicia, s/n
15930 Boiro
Teléfono: 981 842 826
Enderezo electrónico: cim [at] boiro.org (cim[at]boiro[dot]org)

CIM de Boqueixón
Forte, s/n
15881 Boqueixón
Teléfono: 981 513 061
Enderezo electrónico: cim [at] boqueixon.com (cim[at]boqueixon[dot]com)

CIM de Carballo
Praza Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 Carballo
Teléfono: 981 700 688
Enderezo electrónico: cim [at] carballo.gal (cim[at]carballo[dot]gal)

CIM de Cee
Rúa Domingo Antonio de Andrade, s/n - Casa do concello
15270 Cee
Teléfono: 607 026 795
Enderezo electrónico: cim [at] cee.gal (cim[at]cee[dot]gal)

CIM de Coirós
Edificio de usos múltiples, 55 A
15316 Coirós
Teléfono: 981 776 296
Enderezo electrónico: cim [at] coiros.es (cim[at]coiros[dot]es)

CIM de Coruña, A
Rúa Hortensias, s/n – Barrio das Flores
15008 A Coruña
Teléfono: 981 184 356
Fax: 981 184 357
Enderezo electrónico: cim [at] coruna.gal (cim[at]coruna[dot]gal)

CIM de Culleredo
Costa da Lonxa, nº 7 baixo - O Burgo
15670 Culleredo
Teléfono: 981 65 45 70
Enderezo electrónico: cim [at] culleredo.es (cim[at]culleredo[dot]es)

CIM de Curtis
Praza de España, 1 - Casa do Concello - 2º andar
Teixeiro 15310 Curtis
Teléfono: 981 789 121
Enderezo electrónico: cimconcellocurtis [at] gmail.com (cimconcellocurtis[at]gmail[dot]com)

CIM de Ferrol
Rúa Lugo, 56
15402 Ferrol
Teléfono: 981 944 124
Enderezo electrónico: cim [at] ferrol.es (cim[at]ferrol[dot]es)

CIM de Laracha, A
Edificio de uso administrativo - Avenida de Finisterre, 60
15145 A Laracha
Teléfono: 981 612 811
Enderezo electrónico: cim [at] alaracha.es (cim[at]alaracha[dot]es)

CIM de Melide
Rúa Principal, 44 - 1º
15800 Melide
Teléfono: 981 505 706
Enderezo electrónico: cim [at] concellodemelide.gal (cim[at]concellodemelide[dot]gal)

CIM de Muros
Rúa Rosalía de Castro, 30 -1º
15250 Muros
Teléfono: 981 762 465
Fax: 981 762 257
Enderezo electrónico: cimmuros [at] hotmail.com (cimmuros[at]hotmail[dot]com)

CIM de Muxía
Rúa Real, 35-3º
15124 Muxía
Teléfono: 981 708 595
Enderezo electrónico: cim [at] muxia.dicoruna.es (cim[at]muxia[dot]dicoruna[dot]es)

CIM de Negreira
Rúa do Carme, 3 Planta Baixa
15830 Negreira
Teléfono: 981 886 320
Enderezo electrónico: cimnegreira [at] yahoo.es (cimnegreira[at]yahoo[dot]es)

CIM de Noia
Rúa do Curro, 4
15200 Noia
Teléfono: 981 828 011
Enderezo electrónico: cim.noia [at] hotmail.com (cim[dot]noia[at]hotmail[dot]com)

CIM da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes
Alfonso Senra, 106, 2ºA
15680 Ordes
Teléfono: 981 682 108
Enderezo electrónico: cim [at] mancomunidadeordes.gal (cim[at]mancomunidadeordes[dot]gal)

CIM de Ortigueira
Rúa Recheo da Alameda, s/n - 1ª planta
15330 Ortigueira
Teléfono: 981 402 542
Enderezo electrónico: cim [at] concellodeortigueira.com (cim[at]concellodeortigueira[dot]com)

CIM de Outes
Praza do Bosque, s/n
15230 Serra de Outes
Teléfono: 981 850 949
Enderezo electrónico: cim [at] outes.gal (cim[at]outes[dot]gal)

CIM de Padrón
Praza Rodríguez Cobián, 4
15900 Padrón
Teléfono: 611 003 472
Enderezo electrónico: cim [at] padron.gal (cim[at]padron[dot]gal)

CIM de Ribeira
Rúa Deán Pequeno, nº 4 baixo, edificio Mirador de Padín
15960 Ribeira
Teléfono: 981 874 131-981 873 409
Enderezo electrónico: cim [at] ribeira.gal (cim[at]ribeira[dot]gal)

CIM de Santa Comba
Rúa Coruña, s/n - Vivenda Comunitaria, baixo
15841 Santa Comba
Teléfono: 981 104 309
Enderezo electrónico: cim [at] santacomba.es (cim[at]santacomba[dot]es)

CIM de Santiago de Compostela
Rúa Isaac Díaz Pardo, 2
15705 Santiago de Compostela
Teléfono: 660 309 731
Enderezo electrónico: cim [at] santiagodecompostela.gal (cim[at]santiagodecompostela[dot]gal)

CIM de Teo
Centro Sociocultural da Ramallosa, 2º andar - Ramallosa, S/N - Lucí
15883 Teo
Teléfono: 981 809 707
Enderezo electrónico: cim [at] teo.gal (cim[at]teo[dot]gal)

CIM de Zas
Travesía de Santiago, 40
15850 Zas
Teléfono: 981 708 303
Enderezo electrónico: cim [at] concellodezas.org (cim[at]concellodezas[dot]org)

Lugo

CIM de Burela
Rúa Eijo Garay, 20 (Casa do Concello)
27880 Burela
Teléfono: 982 580 609
Enderezo electrónico: cim [at] burela.org (cim[at]burela[dot]org)

CIM de Chantada
8 de marzo, s/n Edificio Multiusos 2º andar
27500 Chantada
Teléfono: 982 462 299 Ext: 2
Enderezo electrónico: cim [at] concellodechantada.org (cim[at]concellodechantada[dot]org)

CIM de Lugo
Avenida da Coruña, 212
27003 Lugo
Teléfono: 982 297 412
Enderezo electrónico: cmuller [at] lugo.gal (cmuller[at]lugo[dot]gal)

CIM de Mondoñedo
Casa do Concello – Praza do Concello, núm. 1 baixo
27740 Mondoñedo
Teléfono: 982 521 369
Enderezo electrónico: cimmondonedo [at] yahoo.es (cimmondonedo[at]yahoo[dot]es)

CIM de Monforte de Lemos
Paseo do Malecón, s/n 1ª planta
27400 Monforte de Lemos
Teléfono: 982 416 350
Enderezo electrónico: cim [at] concellodemonforte.com (cim[at]concellodemonforte[dot]com)

CIM de Palas de Rei
Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n
27200 Palas de Rei
Teléfono: 982 380 003
Enderezo electrónico: cim.palasderei [at] gmail.com (cim[dot]palasderei[at]gmail[dot]com)

CIM de Quiroga
Rúa Real, 52 - 2º
27320 Quiroga
Teléfono: 982 438 951
Enderezo electrónico: cimquiroga [at] hotmail.com (cimquiroga[at]hotmail[dot]com)

CIM de Ribadeo
Rúa Bos Aires , 26 - Auditorio municipal
27700 Ribadeo
Teléfono: 982 120 739
Enderezo electrónico: cim [at] ribadeo.org (cim[at]ribadeo[dot]org)

CIM de Sarria
Rúa Matías López, 33
27600 Sarria
Teléfono: 982 535 061
Enderezo electrónico: cim [at] sarria.gal (cim[at]sarria[dot]gal)

CIM de Vilalba
Praza da Constitución, 1
27800 Vilalba
Teléfono: 982 523 032
Enderezo electrónico: cim [at] vilalba.es (cim[at]vilalba[dot]es)

CIM de Viveiro
Claustro de San Francisco - Avenida de Cervantes, s/n
27850 Viveiro
Teléfono: 982 550 421
Enderezo electrónico: cim [at] viveiro.es (cim[at]viveiro[dot]es)

Ourense

CIM de Avión
Praza do Concello, 1
32520 Avión
Teléfono: 988 486 528
Enderezo electrónico: muller [at] concelloavion.org (muller[at]concelloavion[dot]org)

CIM de Barbadás
Barrio Fornos, 4
32890 Barbadás
Teléfono: 988 222 251
Enderezo electrónico: igualdade [at] barbadas.gal (igualdade[at]barbadas[dot]gal)

CIM de Barco de Valdeorras, O
Praza do Concello, 1 - baixo
32300 O Barco de Valdeorras
Teléfono: 988 320 202
Enderezo electrónico: cim [at] concellodobarco.org (cim[at]concellodobarco[dot]org)

CIM de Carballeda de Avia
Rúa Castelao, 4
32412 Carballeda de Avia
Teléfono: 988 487 000
Enderezo electrónico: cimcarballeda [at] gmail.com (cimcarballeda[at]gmail[dot]com)

CIM de Carballiño, O
Rúa Faustino Santalices, 10
32500 Carballiño
Teléfono: 988 531 076
Enderezo electrónico: cim [at] carballino.gal (cim[at]carballino[dot]gal)

CIM da Mancomunidade de Concellos de Santa Águeda
A Pena
32101 Vilamarín
Teléfono: 988 286 184
Enderezo electrónico: cimsantagueda [at] gmail.com (cimsantagueda[at]gmail[dot]com)

CIM da Mancomunidade Intermunicipal de Conso-Frieiras
Estrada das Ventas a Vilardevós, nº 65 baixo
Edificio Multiusos
32611 Riós
Teléfono: 988 594 487
Enderezo electrónico: cim.mancomunidadeconsofrieiras [at] gmail.com (cim[dot]mancomunidadeconsofrieiras[at]gmail[dot]com)

CIM da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín
Rúa Cancelón 1, baixo
32600 Verín
Teléfono: 988 414 600 / 988 411 314
Enderezo electrónico: cim [at] mancoverin.gal (cim[at]mancoverin[dot]gal)

CIM da Mancomunidade Terra de Celanova
Barrio da Hermida, 39
32800 Celanova
Teléfono: 988 451 646
Enderezo electrónico: cim [at] terradecelanova.es (cim[at]terradecelanova[dot]es)

CIM da Mancomunidade Voluntaria do Ribeiro
Fondal de Beade, s/nº
32431 Beade
Teléfono: 988 477 153
Enderezo electrónico: cimribeiro [at] ribeiro.org (cimribeiro[at]ribeiro[dot]org)

CIM de Maceda
Xardíns Rosalía de Castro
32700 Maceda
Teléfono: 988 463 554
Enderezo electrónico: cim [at] concellodemaceda.org (cim[at]concellodemaceda[dot]org)

CIM de Muíños
Praza San Rosendo, 1
Mugueimes
32880 Muíños
Teléfono: 988 456 403
Enderezo electrónico: cim.muinos [at] hotmail.com (cim[dot]muinos[at]hotmail[dot]com)

CIM de Ourense
Vasco da Ponte 1 baixo
32004 Ourense
Teléfono: 988 393 191
Fax: 988 393 200
Enderezo electrónico: concelleriamuller [at] ourense.es (concelleriamuller[at]ourense[dot]es)

CIM de Pereiro de Aguiar, O
Praza do Concello, núm.1
32710 O Pereiro de Aguiar
Teléfono: 988 032 554
Enderezo electrónico: cim [at] pereiro.gal (cim[at]pereiro[dot]gal)

CIM da Pobra de Trives
Paseo de San Roque, 4 - 2º
32780 A Pobra de Trives
Teléfono: 988 330 012
Enderezo electrónico: cimtrives [at] gmail.com (cimtrives[at]gmail[dot]com)

CIM de Viana do Bolo
Rúa Constitución, 14
32550 Viana do Bolo
Teléfono: 988 329 260
Enderezo electrónico: cimviana [at] gmail.com (cimviana[at]gmail[dot]com)

CIM de Xinzo de Limia
Avenida de Ourense, 19
32630 Xinzo de Limia
Teléfono: 988 460 848
Enderezo electrónico: cimconcelloxinzodelimia [at] gmail.com (cimconcelloxinzodelimia[at]gmail[dot]com)

Pontevedra

CIM de A Estrada
Praza da Constitución, 1
36680 A Estrada
Teléfono: 986 590 151
Enderezo electrónico: cim [at] aestrada.gal (cim[at]aestrada[dot]gal)

CIM de A Guarda
Praza do Reló, s/n
36780 A Guarda
Teléfono: 986 614 648
Enderezo electrónico: muller [at] aguarda.es (muller[at]aguarda[dot]es)

CIM de A Lama
Avenida do Concello, nº 1
36830 A Lama
Teléfono: 986 768 238
Enderezo electrónico: cim [at] concellodalama.com (cim[at]concellodalama[dot]com)

CIM de Baiona
Rúa Dolores Agrelo, 16 - 1º
36300 Baiona
Teléfono: 986 357 554
Enderezo electrónico: cim [at] baiona.gal (cim[at]baiona[dot]gal)

CIM de Bueu
Rúa de Eduardo Vincenti, núm. 28 B, baixo
36930 Bueu
Teléfono: 986 324395
Enderezo electrónico: cim [at] concellodebueu.gal (cim[at]concellodebueu[dot]gal)

CIM de Caldas de Reis
Rúa Afonso VII, 2 - baixo
36650 Caldas de Reis
Teléfono: 986 530 814
Enderezo electrónico: igualdade [at] caldasdereis.gal (igualdade[at]caldasdereis[dot]gal)

CIM de Cangas
Rúa Andalucía, 3 – baixo – Edif. Xoia
36940 Cangas
Teléfono: 986 392 268
Enderezo electrónico: cim [at] cangas.gal (cim[at]cangas[dot]gal)

CIM de Gondomar
Rúa Portugal, 4 (Antigo centro de saúde)
36380 Gondomar
Teléfono: 986 389 355
Enderezo electrónico: cim [at] concellodegondomar.com (cim[at]concellodegondomar[dot]com)

CIM de Lalín
Praza de Galicia nº1
36500 Lalín
Teléfono: 986 787 060
Enderezo electrónico: cim [at] lalin.gal (cim[at]lalin[dot]gal)

CIM da Mancomunidade do Salnés
Rúa Ourense, 8, 1º andar
36630 Cambados
Teléfono: 986 520 510
Enderezo electrónico: cim [at] osalnes.com (cim[at]osalnes[dot]com)

CIM de Marín
Finca de Briz - Rúa A Costa, s/n
36900 Marín
Teléfono: 986 891 802
Enderezo electrónico: cim.marin [at] concellodemarin.es (cim[dot]marin[at]concellodemarin[dot]es)

CIM de Moaña
As Barxas, 2
36950 Moaña
Teléfono: 986 310 100 (prema a opción 3)
Enderezo electrónico: moanacim [at] hotmail.com (moanacim[at]hotmail[dot]com)

CIM de Mos
Autovía Vigo-Porriño, 86
36415 Mos
Teléfono: 676 024 568
Enderezo electrónico: cimmos [at] concellomos.es (cimmos[at]concellomos[dot]es)

CIM de Nigrán
Cruce Rúa Mariñeiro. Estrada pola vía 65
36350 Nigrán
Teléfono: 986 383 081
Enderezo electrónico: cim [at] nigran.org (cim[at]nigran[dot]org)

CIM de O Grove
Rúa Matadoiro S/N
36980 O Grove
Teléfono: 986 730 900
Enderezo electrónico: cim [at] concellodogrove.es (cim[at]concellodogrove[dot]es)

CIM de Poio
Rúa Domingo Fontán, 4A
36005 Poio
Teléfono: 986 770 001 ext. 409, 410, 411
Fax: 986 872 404
Enderezo electrónico: igualdade [at] concellopoio.org (igualdade[at]concellopoio[dot]org)

CIM de Ponte Caldelas
Avd. de Galicia, 17
36820 Ponte Caldelas
Teléfono: 986 750 013 (ext. nº 4)
Enderezo electrónico: cim [at] pontecaldelas.gal (cim[at]pontecaldelas[dot]gal)

CIM de Ponteareas
Rúa de Oriente, 12 - 2º andar
36860 Ponteareas
Teléfono: 986 644 653
Enderezo electrónico: cim [at] ponteareas.es (cim[at]ponteareas[dot]es)

CIM de Pontevedra
Praza de José Martí, s/n 3º andar
36002 Pontevedra
Teléfono: 986 864 825
Enderezo electrónico: igualdade [at] pontevedra.eu (igualdade[at]pontevedra[dot]eu)

CIM de Porriño, O
Rúa Antonio Palacios, 1
36400 O Porriño
Teléfono: 986 337 429
Enderezo electrónico: cim [at] oporrino.org (cim[at]oporrino[dot]org)

CIM de Redondela
Rúa 8 de Marzo, 3 baixo
36800 Redondela
Teléfono: 986 408 043
Enderezo electrónico: igualdade [at] redondela.gal (igualdade[at]redondela[dot]gal)

CIM de Sanxenxo
Rúa Rafael Pico, 4
Portonovo
36970 Sanxenxo
Teléfono: 986 727 901
Enderezo electrónico: cim [at] sanxenxo.org (cim[at]sanxenxo[dot]org)

CIM de Silleda
Rúa Chousa Nova, 67
36540 Silleda
Teléfono: 986 592037
Enderezo electrónico: cim [at] silleda.es (cim[at]silleda[dot]es)

CIM de Soutomaior
Peirao 8 - Multiusos de Arcade
Arcade
36690 Soutomaior
Teléfono: 986 701 227
Enderezo electrónico: cim [at] soutomaior.gal (cim[at]soutomaior[dot]gal)

CIM de Valga
Baño, s/n
Xanza
36645 Valga
Teléfono: 986559456
Fax: 986 559 455
Enderezo electrónico: cim [at] valga.es (cim[at]valga[dot]es)

CIM de Vigo
Rúa Romil, 20
36202 Vigo
Teléfono: 986 293 963
Enderezo electrónico: info.muller [at] vigo.org (info[dot]muller[at]vigo[dot]org)

CIM de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, 1
36600 Vilagarcía de Arousa
Teléfono: 986 099 200
Enderezo electrónico: muller [at] vilagarcia.es (muller[at]vilagarcia[dot]es)