Recursos

Amosando 1 - 10 de 51

Esta guía contén información sinxela e directa dos recursos existentes en Galicia no eido da violencia de xénero a disposición de calquera persoa ou entidade interesada. O seu obxectivo é facilitar e axilizar o traballo dos profesionais que na nosa comunidade acompañan a apoian ás mulleres con discapacidade que sofren violencia de xénero, concentrando nunha única ferramenta a descrición dos servizos e programas e os contactos das entidades que na comunidade autónoma integran a rede de apoio a vítimas.

Violencia de xénero

O servizo CIMs Móbiles é un recurso especializado da Xunta de Galicia para prestar información, asesoramento, atención, orientación e acompañamento psicolóxico, social e xurídico, de forma ambulatoria, en materia de violencia contra as mulleres, naqueles concellos que actualmente non dispoñan dun Centro de Información á Muller (CIM).

Promoción da igualdade
Violencia de xénero

Esta guía contén información sinxela e directa dos recursos existentes en Galicia no eido da violencia de xénero a disposición de calquera persoa ou entidade interesada. O seu obxectio é facilitar e axilizar o traballo das e dos profesionais que na nosa comunidade acompañan a apoian ás mulleres que sofren violencia de xénero, concentrando nunha única ferramenta a descrición dos servizos e programas e os contactos das entidades que na comunidade autónoma integran a rede de apoio a vítimas.

Violencia de xénero

Material de sensibilización para identificar, denunciar e actuar a tempo na violencia de xénero, identificando que é a violencia, as súas manifestacións e axudando a detectar as situacións de violencia de xénero e como actuar.

Materiais didácticos e de sensibilización

Informe que dá cumprimento á disposición adicional Cuarta da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, que obriga ao Goberno da Xunta de Galicia a remitirlle ao Parlamento de Galicia, con carácter anual, un informe sobre a prestación económica periódica para as mulleres vítimas de violencia de xénero.

Informes e estudos

Os informes anuais sobre violencia sexual en Galicia recollen os datos oficiais sobre os delitos contra a liberdade sexual rexistrados na comunidade autónoma, co obxectivo de ofrecer unha visión clara da súa evolución ao longo do tempo.

Informes e estudos

Informe que fai balance das políticas públicas implementadas polo Goberno Galego en materia de violencia de xénero, cumpríndose así coa disposición adicional Cuarta da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, que obriga ao Goberno da Xunta de Galicia a remitirlle ao Parlamento de Galicia, con carácter anual, un informe sobre a situación da violencia de xénero en Galicia, contando coas achegas de todos os departamentos implicados na prevención e no tratamento desta problemática que constitúe un atentado contra a integridade, a dignidade e a liberdade das mulleres, independentemente do ámbito no que se produza.

Informes e estudos