Esta guía ofrece información para concienciar e apoiar o persoal das empresas na identificación das vítimas de violencia de xénero que, malia non estaren a ser obxecto dos supostos regulados pola lexislación laboral pertinente, si son importantes para a loita global contra a violencia de xénero.
Actuar ante a violencia de xénero relacionada co ámbito laboral é sempre obrigatorio, pero esta guía vai máis alá, establecendo unha serie de pautas básicas para axudar a detectar que unha traballadora poida ser vítima de violencia de xénero a nivel persoal, e ofrecendo recomendacións sobre que facer ou como actuar desde o momento en que se perciben os primeiros indicios.
Guía de indicios para empresas: Detección de vítimas de violencia de xénero