Protocolo de adhesión á Rede Galega de Acollemento

Este protocolo ten por obxecto establecer o procedemento de adhesión dos centros de acollida á Rede Galega de Acollemento.

Os centros de acollida son recursos especializados residenciais e temporais que ofrecen acollemento, atención e recuperación ás mulleres que sofren violencia de xénero e ás e aos menores ao seu cargo que requiren un espazo de protección debido á situación de indefensión ou risco causado pola violencia de xénero. 

Obxectivos

  • Coordinar a adhesión dos centros de acollida á Rede galega de acollemento.
  • Establecer os compromisos asumidos polas entidades titulares dos centros de acollida adheridos á Rede galega de acollemento.
  • Desenvolver un modelo de comunicación directa entre os organismos competentes nesta materia.
  • Establecer o procedemento de derivación de persoas usuarias entre distintos centros da Rede galega de acollemento.

A quen vai dirixido?

Aos centros de acollida que cumpran cos requisitos e características que se establezan regulamentariamente.