Esta guía xorde coa motivación de dar visibilidade a un tema tan oculto como é a trata e achegar á cidadanía galega a vulneración dos dereitos humanos que supón a trata e que, en concreto, no caso da trata con fins de explotación sexual, está recoñecida na nosa comunidade como un tipo de violencia de xénero dentro da Lei galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
Este recurso, por tanto, dá resposta á necesidade de informar sobre que é e cales son as consecuencias da trata de seres humanos con fins de explotación sexual, incluíndo unha serie de orientacións básicas que poden axudar a detectar mulleres e/ou nenas que poidan estar vivindo situacións de explotación sexual, así como a saber como actuar desde o momento en que se perciben os primeiros indicios. Así, ao longo desta guía básica sobre a trata con fins de explotación sexual abórdanse aspectos tan necesarios coma a súa definición e contextualización, dentro da actual realidade social cunha perspectiva transversal de xénero, aspectos xurídicos e sociais para a identificación e persecución do delito, aspectos do eido da saúde para valorar a gravidade das súas consecuencias e, por último, unha batería de recursos e recomendacións en distintos ámbitos profesionais para o trato con persoas posibles vítimas desta situación.
A trata de seres humanos con fins de explotación sexual