Protocolo de coordinación e colaboración institucional fronte á violencia de xénero para a Comunidade Autónoma de Galicia

Este protocolo establece os criterios de coordinación e colaboración institucional entre os distintos axentes implicados na prevención e protección dos actos de violencia de xénero, así como na asistencia ás persoas afectadas, garantindo unha actuación integral, áxil e coordinada.

Obxectivos

Establecer os criterios de coordinación e colaboración institucional entre os distintos axentes implicados na prevención e protección dos actos de violencia de xénero, así como na asistencia ás persoas afectadas, garantindo unha actuación integral, áxil e coordinada.

A quen vai dirixido?

Aos diferentes axentes que interveñen na sensibilización, prevención e loita contra a violencia de xénero nos ámbitos social, xurídico, educativo, sanitario e de seguridade.