Este caderno, que foi editado pola Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR) e financiado pola Xunta de Galicia, xorde para dar resposta á necesidade de dispor de material que permita coñecer, detectar, e abordar a vulnerabilidade á que se enfrontan as mulleres con discapacidade.
Recolle a relación dos distintos tipos de violencia que se exercen cara ás nenas e mulleres con discapacidade (física, sexual, psicolóxica, obstétrica, cultural, estrutural e económica), así como os indicadores para poder detectala.
Portada Caderno Violencia cara ás nenas e mulleres con discapacidade