Esta guía pretende mostrar unha realidade descoñecida, a detección de calquera forma de abuso contra a liberdade sexual cara ás mulleres con discapacidade en todas as súas etapas vitais.
A violencia sexual exercida cara ás mulleres e nenas con discapacidade é unha das formas de violencia máis descoñecida e invisible posto que os
estereotipos negaron o seu papel como seres sexuados, supoñendo en moitos casos unha violencia que se perpetúa no tempo ao normalizar
esa situación polo descoñecemento.
Esta guía, que foi editada pola Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR) e financiada pola Xunta de Galicia e o Goberno de España, recolle os indicadores de estar vivindo violencia sexual, tanto específicos como inespecíficos e, ademais, recolle os tipos de violencias sexuais en función das distintas etapas vitais (nenez, adolescencia, adultez e vellez).
Portada Guía Violencia Sexual cara ás nenas e mulleres con discapacidade