Este protocolo ten por obxecto implementar medidas destinadas a previr a trata de mulleres para a explotación sexual e asistir ás súas vítimas.
Obxectivos
Preténdese unha actuación conxunta multidisciplinar dirixida a combater a trata de seres humanos con fins de explotación sexual, entendendo por tal aquela que así se considere en cada momento na lexislación penal en vigor e, en todo caso, a trata de persoas procedentes de países estranxeiros non pertencentes os territorio Schengen que foron trasladadas a este territorio con fins de explotación sexual e ao que accederon de forma clandestina ou ilegal.
A quen vai dirixido?
Aos diferentes axentes que interveñen na identificación e atención das mulleres vítimas de trata.