Este protocolo ten por obxecto establecer o procedemento de acceso á Rede galega de acollemento das mulleres vítimas de violencia de xénero a través das entidades derivantes previstas no protocolo.
Obxectivos
- Coordinar o acceso das mulleres vítimas de violencia de xénero e dos/das menores ao seu cargo aos centros de acollida que forman parte da Rede galega de acollemento.
- Establecer a documentación necesaria para tramitar o ingreso nun centro de acollida.
- Desenvolver un modelo de comunicación directa entre os organismos competentes nesta materia.
A quen vai dirixido?
A todas as mulleres que sofren violencia de xénero e as e os menores ao seu cargo, incluídas as vítimas de trata con fins de explotación sexual e/ou vítimas de explotación sexual, que requiran dun espazo de protección debido á situación de indefensión ou risco causada pola violencia de xénero.
Para o acceso á Rede galega de acollemento deberá acreditarase a situación de violencia de xénero.