Violencia de xénero

Recurso

É un servizo de atención psicolóxica especializada de emerxencia, a domicilio ou noutro lugar sinalado, para os casos máis graves ou con resultado de morte por violencia de xénero.

Recurso

É un servizo de tradución simultánea, totalmente gratuíto, que ofrece unha atención a mulleres vítimas de violencia de xénero en 51 idiomas e con acceso a persoas xordas.

Recurso

É un servizo de atención psicolóxica, especializada e permanente, para a atención da muller vítima de violencia de xénero nos momentos inmediatamente posteriores a terse producido un incidente violento ou agresivo, coa finalidade de detectar as súas necesidades psicolóxicas e facilitar así a súa cobertura e, de ser o caso, a presentación de denuncia.

Recurso

É un servizo que permite o traslado das mulleres vítimas de violencia de xénero e dos seus fillos e fillas a calquera dos centros que conforman a Rede Galega de Acollemento, cando as especiais circunstancias da vítima, valoradas polos servizos sociais (municipais ou autonómicos), imposibiliten o seu traslado por outros medios.

Recurso

É unha rede de recursos especializados residenciais e temporais, configurada por diferentes centros de acollida que ofrecen acollemento, atención e recuperación ás mulleres que sofren violencia de xénero e ás e aos menores ao seu cargo que requiren un espazo de protección debido á situación de indefensión ou risco causada pola violencia de xénero.

Recurso

Este servizo ten por finalidade principal desenvolver un modelo de atención integral para as mulleres vítimas de violencia de xénero (e as súas fillas e fillos menores e para as/os menores que se atopen baixo a súa tutela ou garda e custodia, vítimas tamén desta violencia), baseado nun sistema coordinado de servizos, recursos e medidas de carácter social, laboral e económico, que permita evitar duplicidades e racionalizar a xestión.

Recurso

Os centros de crise 24 horas para a atención de mulleres vítimas de violencia sexual da comunidade autónoma de Galicia son recursos especializados abertos as 24 horas os 365 días do ano.

Recurso

É un servizo que leva a cabo o seguimento das ordes de protección das mulleres vítimas de violencia, realizando as xestións oportunas ante as diferentes administracións para facilitarlle o acceso aos recursos existentes e ofrecerlles un marco integral de protección.