Recursos e servizos

Amosando 11 - 20 de 27

É unha iniciativa de ocio que integra actividades de educación non formal de carácter lúdico, cultural, deportivo, formativo, etc. para as/os mozas/os galegas/os que, á súa vez, supón un recurso de conciliación da vida familiar e laboral.

Violencia de xénero

É un servizo de atención e asistencia ás vítimas dos delitos prestado por equipos multidisciplinares formados por dúas persoas profesionais da psicoloxía e o traballo social.

Violencia de xénero

É un servizo de asistencia xurídica inmediata, é dicir, no momento inmediatamente previo á interposición da denuncia, e con profesionais especialistas nesta materia, con independencia da existencia de recursos para litigar. Esténdese a todos os trámites, incidencias e recursos relacionados co procedemento para a que foi concedida, e comprende así mesmo a execución da sentenza xudicial durante un prazo de dous anos.

Violencia de xénero

É un servizo de apoio psicolóxico que ofrece intervención profesional, tanto para as mulleres como para as persoas ao seu cargo, e outros membros da familia, que lles axudará a afrontar a situación que sufriron e a reforzar a súa autoestima, ademais de ser un apoio na recuperación ou adquisición de habilidades e capacidades que lles permitan lograr a autonomía e a integración na vida social e laboral.

Violencia de xénero

É un servizo de atención psicolóxica especializada de emerxencia, a domicilio ou noutro lugar sinalado, para os casos máis graves ou con resultado de morte por violencia de xénero.

Violencia de xénero

Os Centros de Información á Muller (CIM) son o recurso de referencia nos concellos galegos para a promoción da igualdade, a prevención e a atención ás vítimas de violencia de xénero e para o asesoramento ás persoas LGBTI. A súa titularidade é municipal e a Xunta de Galicia colabora coas entidades locais no seu funcionamento a través de diferentes liñas de axudas, tarefas de coordinación ou programas formativos, sendo un claro exemplo da coordinación entre administracións na defensa dos dereitos das mulleres e na promoción da igualdade de xénero.

Recursos e servizos

É unha rede de recursos especializados residenciais e temporais, configurada por diferentes centros de acollida que ofrecen acollemento, atención e recuperación ás mulleres que sofren violencia de xénero e ás e aos menores ao seu cargo que requiren un espazo de protección debido á situación de indefensión ou risco causada pola violencia de xénero.

Violencia de xénero

Este servizo ten por finalidade principal desenvolver un modelo de atención integral para as mulleres vítimas de violencia de xénero (e as súas fillas e fillos menores e para as/os menores que se atopen baixo a súa tutela ou garda e custodia, vítimas tamén desta violencia), baseado nun sistema coordinado de servizos, recursos e medidas de carácter social, laboral e económico, que permita evitar duplicidades e racionalizar a xestión.

Violencia de xénero