Violencia de xénero

Axuda

Subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos de información, prevención e sensibilización en materia de trata con fins de explotación sexual e explotación sexual, así como de apoio ás súas vítimas, preferentemente entre mulleres inmigrantes, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

Recurso

As Mesas locais de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero son instrumentos operativos nos que están representados todos os ámbitos municipais implicados, directa ou indirectamente, na loita contra a violencia de xénero co obxecto de procurar unha maior eficiencia da resposta ante agrave vulneración dos dereitos que supón a violencia de xénero.

Recurso

Este protocolo ten por obxecto establecer o procedemento de acceso á Rede galega de acollemento das mulleres vítimas de violencia de xénero a través das entidades derivantes previstas no protocolo.

Recurso

Este caderno, que foi editado pola Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR) e financiado pola Xunta de Galicia, xorde para dar resposta á necesidade de dispor de material que permita coñecer, detectar, e abordar a vulnerabilidade que enfrontan as mulleres con discapacidade.

Recurso

Os Centros de Información á Muller (CIM) son o recurso de referencia nos concellos galegos para a promoción da igualdade, a prevención e a atención ás vítimas de violencia de xénero e para o asesoramento ás persoas LGBTI. A súa titularidade é municipal e a Xunta de Galicia colabora coas entidades locais no seu funcionamento a través de diferentes liñas de axudas, tarefas de coordinación ou programas formativos, sendo un claro exemplo da coordinación entre administracións na defensa dos dereitos das mulleres e na promoción da igualdade de xénero.