Protocolo de derivación entre as comunidades autónomas para a coordinación das súas redes de centros de acollida para as mulleres vítimas da violencia de xénero e os seus fillos e fillas

Este protocolo ten por obxecto establecer o procedemento de derivación entre as comunidades autónomas para a coordinación das súas redes de centros de acollida para as mulleres vítimas da violencia de xénero e os seus fillos e fillas.

Obxectivos

  • Mellorar a coordinación das redes dos recursos de acollida para as mulleres vítimas da violencia de xénero e os seus fillos e fillas na totalidade do territorio nacional.
  • Determinar as causas que poden motivar a derivación dunha usuaria a un centro de acollida doutra comunidade autónoma.
  • Establecer unha listaxe común da documentación exixible para tramitar o ingreso nos centros de acollida.
  • Desenvolver un modelo de comunicación directa entre os organismos competentes nesta materia en todas as Comunidades Autónomas para todo o relativo ao proceso de admisión, incluídas as causas para a motivación en caso de denegación.
  • Fixar uns criterios comúns sobre a asunción de gastos derivados do traslado ou os que se produzan como consecuencia das xestións derivadas da súa situación.

A quen vai dirixido?

Aos organismos con competencia nos recursos de atención e acollida das comunidades autónomas e cidades con estatuto de autonomía designado por cada unha delas será quen realice a solicitude e autorización de ingreso no recurso.