Guía para as Mesas locais de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero

As Mesas locais de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero son instrumentos operativos nos que están representados todos os ámbitos municipais implicados, directa ou indirectamente, na loita contra a violencia de xénero co obxecto de procurar unha maior eficiencia da resposta ante agrave vulneración dos dereitos que supón a violencia de xénero.

Estas guías xorden como recursos para apoiar e impulsar a creación destas Mesas locais de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero nas entidades locais de Galicia a través dos seguintes documentos:

 

A Guía práctica para a constitución das mesas locais de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero explica, dun xeito sinxelo e práctico, os pasos que se deben seguir para a constitución da mesa local de coordinación, como mecanismo útil para a harmonización de todos os axentes e entidades implicadas, directa ou indirectamente, na loita contra a violencia de xénero.

O Manual de dinamización das mesas locais de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero formula unha proposta de traballo aberta e adaptada ás diferentes experiencias e realidades das mesas locais, ofrecendo mecanismos e dinámicas de traballo facilitadoras da planificación que permita cumprir os obxectivos para os que foron definidas.

A caixa de ferramentas das mesas locais de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero é un recurso para complementar a guía práctica para a constitución das mesas locais de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero e o manual de dinamización. Concibiuse como un caderno práctico de traballo, con diferentes recursos para facilitar o traballo das mesas locais de coordinación nas accións vinculadas coa promoción da igualdade e a loita contra a violencia de xénero. 

Guía para as Mesas locais de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero