Recurso
Informe que fai balance das políticas públicas implementadas polo Goberno Galego en materia de violencia de xénero, cumpríndose así coa disposición adicional Cuarta da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, que obriga ao Goberno da Xunta de Galicia a remitirlle ao Parlamento de Galicia, con carácter anual, un informe sobre a situación da violencia de xénero en Galicia, contando coas achegas de todos os departamentos implicados na prevención e no tratamento desta problemática que constitúe un atentado contra a integridade, a dignidade e a liberdade das mulleres, independentemente do ámbito no que se produza.