Unidade didáctica “Á violencia de xénero...dille Non!”

Esta unidade didáctica baséase na exposición Á violencia de xénero...dille Non!, unha exposición gráfica ilustrada, dirixida a axudar á mocidade a recoñecer, identificar e rexeitar condutas sexistas, nocivas nas súas relacións.

Con este material preténdese sensibilizar a poboación máis nova ante a violencia de control entre adolescentes, como públicos potenciais de novas formas de malos tratos a través das redes sociais, como o ciberacoso, o sexting ou o ciberbullying.

Esta unidade didáctica vai destinada para a educación secundaria e bacharelato.