Unidade didáctica “Cartas de Amor. 15 artistas contra a violencia de xénero”

Esta unidade didáctica baséase na exposición Cartas de Amor: 15 artistas contra a violencia de xénero, unha mostra da banda deseñada galega sobre violencia de xénero, con debuxos de artistas de sona como Miguel Calatayud, Patricia Castelao, Fausto Isorna, Pirusca, José Luís Méndez, Jack Mircala ou Javier Olivares. 

Con este material preténdese sensibilizar a poboación máis nova sobre a existencia de violencia nos seus modos de relacionarse, axudar a detectala e, polo tanto, a eliminala; establecendo un paralelismo entre o mundo romántico das primeiras relacións de parella e a crueldade que, ás veces, vai asociada a elas.

Esta unidade didáctica vai destinada para a educación secundaria.

Documentación