Acreditación administrativa da condición de vítima de trata con fins de explotación sexual e/ou vítima de explotación sexual

Que é?

É un documento que acredita, con efectos administrativos e de carácter social, as situacións de trata e explotación sexual, aos efectos do previsto no artigo 47 do Real Decreto-lei 6/2022, do 29 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes no marco do Plan Nacional de resposta ás consecuencias económicas e sociais da guerra en Ucraína. 

Esta acreditación ten eficacia en todo o territorio do Estado e facilita o acceso ao exercicio dos dereitos de información e á derivación a recursos asistenciais establecidos na normativa estatal e no artigo 12 do Convenio de Varsovia, e, no caso de cumprir o resto de requisitos, ao Ingreso Mínimo Vital regulado na Lei 19/2021, do 20 de decembro.

 

A quen vai dirixido?

A vítimas de trata con fins de explotación sexual e/ou vítimas de explotación sexual.

 

Quen pode solicitalo?

As organizacións especializadas ou con experiencia acreditada na detección, atención e protección da vítimas de trata con fins de explotación sexual e de explotación sexual habilitadas para emitir os informes de detección no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia:

Accem

San Pedro de Mezonzo. A Coruña
Praza de José Toubes, 1-2.o
Tel. 981 168 897
www.accem.es
galicia [at] accem.es (galicia[at]accem[dot]es)

Aliad-Ultreia

Lugo
R/ Milagrosa 99
Tel. 982 251 948
www.aliad.org
muller [at] aliad.org (muller[at]aliad[dot]org)

Cáritas Diocesana (Lugo)

Lugo
Rúa da Cruz, 1
Tel. 982 242 009
www.caritaslugo.es

Hermanas Oblatas del Santísimo Redentor (Ferrol)

Ferrol
R/ Espartero, 51
Tel. 981 358 562
oblatasferrol [at] gmail.com (oblatasferrol[at]gmail[dot]com)

Cáritas Diocesana (Santiago de Compostela)

Programa Vagalume
R/ Loureiros, 3, baixo
Santiago de Compostela
Tel. 981 585 515 / 627 40 48 14 (24h)
www.caritas-santiago.org
www.programavagalume.org
vagalume.cdsantiago [at] caritas.es (vagalume[dot]cdsantiago[at]caritas[dot]es)

Cruz Vermella Española

R/ Cruz Vermella Española 1
15002 – A Coruña
Tel. 981 22 10 00
galicia [at] cruzroja.es (galicia[at]cruzroja[dot]es)

Asociación Faraxa pola Abolición da Prostitución

Vigo
Ronda de Don Bosco, 18 -1
Tel. 986 132 068 / 622 335 266
www.faraxa.com
asociacion [at] faraxa.com (asociacion[at]faraxa[dot]com)

Ecos do Sur

A Coruña (zona Santa Margarita)
Avenida de Finisterre, nº 109 baixo
Tel. 881 965 692 / 698 127 669
www.ecosdosur.org
afrodita [at] ecosdosur.org (afrodita[at]ecosdosur[dot]org)

Médicos do Mundo Galicia

R/ Galeras, 13 2º Local 6-7
Santiago de Compostela
A Coruña
Tel. 981 578 182
www. medicosdelmundo.org
galicia [at] medicosdelmundo.org (galicia[at]medicosdelmundo[dot]org)

Cáritas Diocesana (Ourense)

Programa Alumar
Praza de Eironciño dos Cabaleiros nº 5-1
Ourense
Tel. 988 244 650
www.caritasourense.org
alumar [at] caritasourense.org (alumar[at]caritasourense[dot]org)

Ong Fiet Gratia

Tel. 681 059 834
www.fietgratia.org
helga.pitaromero [at] fietgratia.org (helga[dot]pitaromero[at]fietgratia[dot]org)

Fundación de Solidaridad Amaranta

Tel. 680 107 945
www.fundacionamaranta.org
ourense [at] fundacionamaranta.org (ourense[at]fundacionamaranta[dot]org)

Cando se solicita?

Cando se detecte unha vítima de trata con fins de explotación sexual e/ou vítima de explotación sexual.

Como se solicita?

Presentando un informe de detección de posible vítima de trata e/ou explotación sexual. 

Neste informe de detección recolleranse os aspectos relativos ás circunstancias que presenta a muller e que determinan a existencia de indicios compatibles con estar sufrindo unha situación de trata ou explotación sexual ou unha situación de vulnerabilidade a posibles abusos ou actos de explotación, así como a necesidade ou demanda que é necesario cubrir, de forma que se poida derivar, pola administración competente, ao servizo máis adecuado para dar cobertura á necesidade detectada.

O informe de detección deberá de ser asinado pola persoa coordinadora ou responsable do servizo público, recurso especializado, ONG ou entidade especializada habilitada para iso.

Pola súa parte, a muller solicitante, deberá asinar o correspondente consentimento informado, aos efectos de información e tratamento dos datos de carácter persoal.

Onde se solicita?

Na relación de entidades que acreditan a condición de vítima:

  • Servizos sociais da Administración Pública, autonómica ou local.
  • Centros da Rede Galega de Información a Mulleres.
  • Centros da Rede Galega de Acollemento.
  • Servizos sociais comunitarios e especializados de Galicia, dependentes ou adscritos ao órgano competente en Violencia de Xénero da Xunta de Galicia.