Espazos de Igualdade nos Festivais

Espazos presentes nos principais festivais de Galicia dirixidos á sensibilización, atención e asesoramento continuado ante calquera tipo de violencia de xénero ou LGBTIfóbica.

Cada espazo está composto por dúas zonas diferentes pero integradas: 

Zona de igualdade, un lugar pensado para a aprendizaxe e sensibilización.

Punto lila e arco iris, para a atención continuada durante todo o festival a posibles vítimas de agresións sexuais ou de calquera tipo de violencia machista ou LGBTIfóbica. 

Ademais, este punto de atención conta cun espazo privado para poder facer un acompañamento, de ser necesario, con total confidencialidade. Ambos espazos están atendidos por un equipo multidisciplinar de persoas profesionais especializadas, entre as que se inclúen psicólogas, sexólogas, traballadoras sociais, educadoras sociais ou axentes de igualdade con formación específica en igualdade de xénero, trata e prevención da violencia de xénero e LGBTIfobia.

Festivais con Espazo de Igualdade

  • Atlantic Fest
  • Caudal Fest
  • Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira
  • PortAmerica
  • Morriña Fest
  • O Son do Camiño
  • Río Verbena Fest
  • Resurrection Fest
foto do espazo igualdade no Caudal Fest