Este protocolo ten por obxecto establecer o procedemento de traslado das mulleres vítimas da violencia de xénero e dos seus fillos e fillas a calquera dos centros que conforman a Rede Galega de Acollemento, cando as especiais circunstancias da vítima imposibiliten o seu traslado por outros medios.
Obxectivos
- Apoiar as mulleres vítimas de violencia de xénero no momento crítico no que, por motivos de seguridade, precisan acudir a un centro de acollida.
- Avanzar na mellora da coordinación entre institucións públicas e axentes sociais e empresariais e implicar os novos sectores na loita contra a violencia de xénero.
- Afianzar o compromiso institucional da Xunta de Galicia na loita contra a violencia de xénero.
A quen vai dirixido?
- Centros de Información á Muller
- Centros de crise 24 horas
- Servizos sociais comunitarios e servizos sociais especializados de Galicia
- Centros adscritos ao Servizo Galego de Saúde (hospitais, centros de saúde, etc.)
- Xulgados radicados en Galicia
- Oficinas de Asistencia ás Vítimas do Delito (OAVD)
- Forzas e Corpos de Seguridade do Estado radicados en Galicia
- Policía Autonómica e Policía Local de Galicia