Este protocolo establece unhas pautas preventivas e de actuación cando se produza algún tipo de violencia contra as mulleres ou as persoas LGBTI nos establecementos de lecer nocturno da Comunidade Autónoma de Galicia.
Obxectivos
Contribuír na resposta integral á loita contra a violencia de xénero en Galicia e, en particular, contra as violencias sexuais e LGBTIfóbicas.
A quen vai dirixido?
A todas as persoas que interveñen na organización e no desenvolvemento das actividades de lecer nocturno nos seguintes establecementos:
- Discotecas
- Salas de festas
- Pubs
- Cafés - espectáculos