Protocolo para a atención a persoas LGBTI nos CIM

O seguinte protocolo para a atención de persoas LGBTI nos Centros de Información á Muller (CIM) e para a prevención da LGBTIfobia ten como obxectivo dotar o seu persoal dunha ferramenta práctica para atender de maneira eficaz e respectuosa as persoas usuarias do CIM pertencentes ao colectivo LGBTI, poñer en marcha actuacións de prevención ante condutas LGBTIfóbicas, canalizar as denuncias de LGBTIfobia ante o Observatorio galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero, así como levar a cabo accións nos centros, para que actúen e se visibilicen como espazos seguros para o colectivo.