Esta guía elaborouse no marco das medidas do I Plan de Igualdade da Xunta de Galicia co obxectivo de ter unha ferramenta que axude ao funcionariado no traballo diario, tanto nas comunicacións interpersoais no eido laboral como na redacción de comunicados e documentos oficiais.
A través da utilización dunha linguaxe non sexista e inclusiva podemos promover a igualdade entre mulleres e homes, así como visibilizar a diversidade existente na sociedade a través da eliminación de expresións e prácticas comunicativas que reproduzan estereotipos de xénero ou que invisibilicen a presenza das mulleres nos distintos eidos da vida pública.