Protocolo de actuación contra as violencias sexuais e LGBTIfóbicas nos eventos e espazos festivos

Este protocolo establece accións de prevención, detección e actuación ante situacións de violencia sexual e LGBTIfóbica que se poidan producir nos espectáculos musicais e actividades recreativas e que supoñen unha ameaza para as mulleres e persoas cunha identidade de xénero e/ou sexualidade distinta da normativa (lesbianas, gais, trans, bisexuais, intersexuais e queer).

Obxectivos

Establecer un marco de actuación para previr, detectar e actuar ante calquera manifestación de violencia sexual e LGBTIfóbica que se poida producir nos espectáculos musicais ou nas actividades recreativas na Comunidade Autónoma de Galicia.

A quen vai dirixido?

A todas as persoas que interveñen na organización e no desenvolvemento das seguintes actividades:

  • Actividades culturais e sociais ao aire libre
  • Festas e verbenas populares
  • Espectáculos musicais ao aire libre