Guía de recursos fronte á violencia de xénero en Galicia

Esta guía contén información sinxela e directa dos recursos existentes en Galicia no eido da violencia de xénero a disposición de calquera persoa ou entidade interesada. O seu obxectio é facilitar e axilizar o traballo das e dos profesionais que na nosa comunidade acompañan a apoian ás mulleres que sofren violencia de xénero, concentrando nunha única ferramenta a descrición dos servizos e programas e os contactos das entidades que na comunidade autónoma integran a rede de apoio a vítimas. 

Os recursos existentes aparecen clasificados segundo o tipo: de información e atención, de apoio, de aloxamento, de protección e seguridade, etc. 

Imaxe portada Guía recursos VX galego

Portada da Guía de recursos fronte á violencia de xénero en Galicia