Corresponsabilidade e conciliación

O termo corresponsabilidade fai referencia á responsabilidade compartida dunha situación ou actuación determinada entre dúas ou mais persoas. As persoas corresponsables posúen os mesmos deberes e dereitos na súa capacidade de responder polas súas actuacións nas situacións ao seu cargo.

A expresión "Conciliación da vida laboral e familiar" fai referencia á necesidade de compatibilizar o traballo remunerado co traballo doméstico e as responsabilidades familiares; non obstante, tamén ten que estar relacionada coa dispoñibilidade de tempo para o desenvolvemento persoal de cada individuo. É entón cando falamos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral.