A iniciativa enmárcase dentro do Plan Corresponsables e ten como obxectivo que entidades locais, de iniciativa social e asociacións de nais e pais promovan servizos de coidado en dependencias públicas e domicilios para a atención das mozas e mozos
Con estas medidas prevese a contratación dunhas 500 persoas con perfís profesionais técnicos relacionados con actividades socioculturais, integración social, de tempo libre, educación infantil, animación sociodeportiva ou auxiliares de gardería
Entre as beneficiarias dos servizos para a conciliación, darase prioridade ás familias das vítimas de violencia de xénero, familias monoparentais, en situación de desemprego ou unidades familiares con mulleres maiores de 45 anos
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, inaugurou hoxe en Santiago de Compostela a xornada A incorporación da perspectiva de xénero ao réxime e ás actividades do sector público local
Avogou pola unión dos poderes públicos para atallar discriminacións e integrar a perspectiva de xénero en todos os ámbitos da sociedade
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asinou dous convenios de colaboración co Colexio Oficial de Administradores de Fincas de Galicia (Coafga) e coa Asociación galega de auditores socio-laborais (Agaxen)
Os acordos céntranse na prevención e na detección de situacións de violencia de xénero en todas as súas manifestacións no eido veciñal e nos espazos de traballo
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, destacou hoxe en comisión parlamentaria as accións que está a facer a Xunta para impulsar a igualdade laboral
Un total de 757 traballadoras foron dadas de alta na Seguridade Social, abandonando deste xeito unha situación de precariedade provocada polo emprego irregular
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade destina este ano 16 millóns de euros ao fomento da conciliación e a corresponsabilidade, máis do triplo que en 2021
O Plan Emprega Muller inclúe preto de 36 millóns de euros para poñer en marcha oito programas específicos dirixidos exclusivamente ás mulleres, para mellorar a súa formación e oportunidades laborais
O Goberno galego desenvolve campañas de sensibilización e concienciación para eliminar os estereotipos e avanzar na igualdade de oportunidades e está a impulsar entre o tecido empresarial a formación para a elaboración dos plans de igualdade
O Consello da Xunta deu hoxe o visto e prace ao documento estratéxico 2022-2027, que incrementa a súa dotación presupostaria nun 138,8 %
Inclúe seis principios reitores e nove ámbitos de actuación con 128 liñas de acción para seguir avanzando nunha igualdade de xénero real e efectiva en todos os ámbitos
Darase máis relevancia á empregabilidade, emprendemento e eliminación da fenda salarial; á igualdade nos eidos rural e do mar, en concordancia coa nova Lei de igualdade que se está a tramitar na actualidade; e ao apoderamento, sororidade e participación social da muller en todas as esferas da vida pública e privada
O plan, con maior contido económico e con máis carácter ambicioso, outorgará máis estabilidade e sostibilidade ás políticas autonómicas de igualdade ao contar cun horizonte temporal de seis anos de vixencia e cunha avaliación intermedia