Recursos

Recursos didácticos e entrevistas para visibilizar e reivindicar o papel das mulleres na ciencia.

O proxecto "Aprende coas mulleres galegas" pretende achegaros unha serie de actividades para coñecer e afondar na vida de diferentes referentes intelectuais de Galicia.

Esta Guía pretende achegar información dos recursos existentes en Galicia no eido da violencia de xénero a calquera persoa ou entidade interesada, así como facilitar e axilizar o traballo das e dos profesionais que na nosa comunidade acompañan a apoian ás mulleres que sofren violencia de xénero, concentrando nunha única ferramenta a descrición dos servizos e programas e os contactos das entidades que na comunidade autónoma integran a rede de apoio a vítimas.

Trátase dun servizo a disposición das mulleres que sofren violencia de xénero que lles permite contar con asesoramento e apoio psicolóxico dende o momento inicial da denuncia. Este servizo de quenda de garda social especializada en violencia de xénero activarase fóra do horario dos servizos sociais normalizados, estará operativo os 7 días á semana os 365 días do ano.

Este Programa, desenvolvido a partir da colaboración da Xunta de Galicia coa Fundación Meniños vai dirixido  a mulleres vítimas de abuso e violencia sexual, que sofren desaxustes físicos, emocionais, condutuais e relacionais como consecuencia do abuso. Tamén poden ser usuarios os seus familiares ou persoas, baixo o consentimento da vítima, que cumpren un papel imprescindible na recuperación.

Abramos o Círculo é un programa de atención psicolóxica especializada e de apoio, financiado pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, e dirixido a homes que adoptan actitudes inadecuadas  e violentas nas relacións coa súa parella, coa súa familia, co seu círculo social e desexan adquirir novos modos de comportamentos exentos de agresividade.

As mulleres que sofren violencia de xénero teñen á súa disposición un programa de atención psicolóxica que lles axuda a afrontar a situación que sufriron e a reforzar a súa autoestima, ademais de ser un apoio na recuperación ou adquisición de habilidades e capacidades que lles permitan lograr a autonomía e a integración na vida social e laboral. Tamén as/os menores e persoas delas dependentes poden utilizar este recurso.