Accesibilidade

accesibilidadeA Secretaría Xeral da Igualdade procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais da web sexa independente dos dispositivos físicos e dos navegadores web empregados para tal fin, codificados con estándares técnicos de uso libre e gratuíto, e accesibles para navegadores adaptados a persoas con eivas ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.

A Unión Europea, na resolución do Consello de 25 de marzo de 2002, anima aos Estados membros a ter en conta a necesidade de que os contidos dixitais sexan accesibles e, seguindo esta recomendación, a Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, dispón que as Administracións públicas adoptarán as medidas necesarias para que a información dispoñible nas súas páxinas de Internet sexa accesible a persoas con discapacidade e de idade avanzada, de acordo cos criterios de accesibilidade ao contido xeralmente recoñecidos, antes do 31 de decembro de 2005.

En coherencia con este obxectivo, o deseño da web da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia realizouse tendo en conta as recomendacións de accesibilidade para o primeiro nivel de prioridade das directrices WAI (Web Accessibility Initiative) do W3C.

Se atopa algunha dificultade para acceder ao contido ou para entendelo, por favor comuníquea a través do formulario de contacto desta web.

 Ligazóns relacionadas: