Atención psicolóxica ás vítimas de violencia de xénero

As mulleres que sofren violencia de xénero teñen á súa disposición un programa de atención psicolóxica que lles axuda a afrontar a situación que sufriron e a reforzar a súa autoestima, ademais de ser un apoio na recuperación ou adquisición de habilidades e capacidades que lles permitan lograr a autonomía e a integración na vida social e laboral. Tamén as/os menores e persoas delas dependentes poden utilizar este recurso.

A través deste servizo ponse a disposición das vítimas de violencia de xénero unha rede de profesionais da psicoloxía, con formación específica, que de xeito gratuíto realizan a intervención máis axeitada para cada caso.

Obxectivo

O programa desenvólvese en colaboración co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e ten como finalidade ofertar recursos terapéuticos que abran vías de recuperación a aquelas mulleres que estean a sufrir ou teñan sufrido violencia de xénero ou doméstica, e complementariamente, a menores e outras persoas dependentes delas que teñan pasado pola mesma situación.

Prestación do servizo

O programa conta cun psicólogo/a coordinador/a e cunha rede de profesionais debidamente acreditados/as, que levarán a cabo a intervención profesional a que se refire o programa en toda a Comunidade Autónoma de Galicia.

Requisitos para acceder

Acceso gratuíto e anónimo as 24 horas.

Atención e asesoramento

Teléfono 629 777 595 do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (Rúa da Espiñeira 10-baixo; 15706 Santiago de Compostela) e na web do colexio.

Tamén na Secretaría Xeral da Igualdade: San Lázaro, s/n - 15781 Santiago de Compostela. Tfno: 981 545 351

Contido: